miércoles, 9 de mayo de 2012

BookCrossing no Mercado Solidario de Sada



Queridos participantes no Mercado Solidario do 17 de Maio en Sada-A Coruña:

Contaremos cun posto de 
BOOKCROSSING-MOVEMENTO DE LIBERACIÓN DE LIBROS

Podes participar traendo algún libro para liberar !!!

O movemento é de ámbito mundial, de xente que se vai pasando libros, de uns a outros, sen límite.
Isto existe desde hai moito tempo, pero nos últimos anos as tecnoloxías permiten que se poidan rexistrar e identificar os libros cun código,
polo que podes facer o seguemento dos exemplares que pasaron polas túas máns, xa que che chegan notificacións ao teu correo electrónico
cada vez que un novo lector engade un comentario á ficha electrónica do libro en cuestión.

A páxina principal de bookcrossing é esta: http://www.bookcrossing.com/
Ademáis, os bookcrossers de lingua española comunicámonos a través dun foro: http://www.bookcrossing-spain.org/phpBB2/index.php

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada